The LLC Galician forum hosted its first sessions at the 2016 Convention in Austin and is excited to be preparing for Philly 2017. We hope to see you there!

2 conference CFPs

0 replies, 1 voice Last updated by Profile photo of Danny Barreto Danny Barreto 2 months, 2 weeks ago
Viewing 1 post (of 1 total)
  • Author
    Posts
  • #12313
    Profile photo of Danny Barreto
    Danny Barreto
    Participant
    @dmbarreto

    There are two  conferences taking place this summer that might be of interest to Galicianistas in this forum:

    1. Identidades en transición: representacións culturais da diáspora galega, University of St. Andrews (Scotland), 16-17 June 2017. CFP and other info available here: http://identidades2017.wp.st-andrews.ac.uk/call-for-papers/
    2. Memoria encarnada. Emocións, corpos e migracións na produción cultural hispánica do século XXI, University of Warsaw (Poland), 1-3 June 2017. CFP pasted below.

    Memoria encarnada. Emocións, corpos e migracións na produción cultural hispánica do século XXI

    (1-3 de xuño de 2017)

    Organiza:
    Grupo de investigación GENIA. Género, identidad y discurso en España y América Latina, Instituto de Estudos Ibéricos e Iberoamericanos, Universidade de Varsovia, Polonia

    “o suxeito encarnado deleuziano non é unha cámara interior sacralizada nin unha entidade pura moldeada pola sociedade, senón polo contrario, un “intermedio”, isto é, un prego de influencias externas e un desenvolvemento simultáneo de afectos cara ao exterior, unha entidade móbil, unha especie de memoria encarnada que se repite e é capaz de perdurar no tempo a través dunha serie de variacións descontinuas mentres permanece fiel a si mesma. En última instancia, o corpo contemporáneo é unha memoria encarnada”

    (Rosi Braidotti, Metamorfosis. Una teoría materialista del devenir, 2002: 282)

    A historia de España e América Latina está impregnada por acontecementos e fenómenos de carácter transnacional, incluíndo guerras civís, ditaduras, crimes contra a humanidade, o terrorismo, femicidio/feminicidio, trans/homofobia, a escravitude, así como dúas cuestións fundamentais desde a perspectiva deste simposio: migracións e exilio. Polo tanto, partindo dunha dinámica transcultural, tomaremos en consideración as “travelling memories” (Erll), concibidas como complexas interaccións sociosimbólicas e afectivas que superan as fronteiras e as divisións académicas tradicionais.

    Este simposio proponse reflexionar e analizar de que maneira, baixo que premisas e desde que posicións ideolóxicas se produce a negociación da memoria, do xénero e as emocións (felicidade, amor, ira, medo, nostalxia…) nas producións culturais hispánicas do século XXI, un período histórico marcado por cambios radicais nas estruturas socioeconómicas e nas tecnoloxías de consumo cultural. Esta perspectiva teórica defende que a análise das prácticas sociais e culturais de memoria debe incluír as emocións no estudo da disputa de privilexios que operan nelas, e de feito as relacións de poder constitúen tamén unha cuestión central tanto nos estudos de xénero (Patricia T. Clought, Sara Ahmed) como na socioloxía das emocións (Eva Illouz). Sen dúbida, a teoría das emocións resulta determinante para estudar as representacións da memoria, en particular os vínculos e as relacións de poder.

    Por isto, dedicaremos un espazo especial ás reflexións metodolóxicas acerca das relacións entre dúas disciplinas, historia e literatura, que se caracterizan –agora máis ca nunca– por unha impregnación recíproca segundo Isabel Burdiel (2015). Na súa opinión, a literatura pode axudar os historiadores a descifrar a realidade e dar a coñecer novas esferas da mesma grazas á súa inmensa exploración dos espazos abandonados moitas veces pola historia en beneficio da obxectividade, e é polo tanto unha peza máis que inflúe na conformación da engrenaxe identitaria. Entendemos que a literatura ten unha dobre dimensión transnacional e particular: as obras literarias son susceptibles dunha ampla circulación, o que lles permite contribuír á configuración dun espazo verdadeiramente mundial, pero ao mesmo tempo son lidas e interpretadas de maneira moi diversa e persoal, en diálogo con imaxinarios individuais e locais, xerando creacións e representacións híbridas e diversas. Por outra banda, si é certo –como afirman algúns historiadores– que as normas que regulan as emocións constitúen as diferenzas sociais e por iso son un elemento fundamental para explicar o cambio histórico, semella que en ocasións as obras de ficción apostan por un intento de explicar procesos históricos complexos baseándose en cambios emocionais, non só individuais senón tamén colectivos. Poríase en evidencia deste modo o potencial vínculo entre emoción e acción ao que fai referencia Martha C. Nussbaum nos seus traballos (2008).

    Así, examinaríanse produtos culturais tanto de Latinoamérica como de España que se están producindo no século XXI, centrándonos na representación da memoria desde a perspectiva da teoría das emocións e de xénero. Dado este marco teórico, o simposio pretende encarar unha serie de cuestións: que papel afectivo desempeña a memoria na vida social actual e ata que punto está regulada pola violencia simbólica?; como se relacionan as emocións, os corpos e a memoria entre si, se os estudamos en clave transcultural?; teñen as exploracións actuais do pasado un carácter subversivo, conservador, innovador, utilizable..?; como se relacionan a política das emocións, os discursos da memoria e os mecanismos de construción das identidades de xénero co poder?

    Obxectivos do simposio:

    • Estudar como “afectan” as figuracións do pasado aos corpos e ás ficcións.
    • Examinar os dispositivos afectivos que se repiten nas representacións actuais da memoria.
    • Considerar a carga emocional e afectiva das narracións a partir da memoria, así como a súa intersección coas nocións de xénero, sexualidade, raza ou etnicidade.
    • Analizar a interacción mutua e o impacto emotivo da memoria global e local, colectiva e individual.
    • Investigar as relacións entre emoción e narración no marco dos dispositivos discursivos que determinan as emocións e as súas representacións.
    • Pór de relevo o papel dos soños na suposta oposición das emocións fronte ao logos e a súa influencia nas concepcións do suxeito.
    • Impulsar a interdisciplinariedade entre aquelas áreas que tratan da importancia da memoria individual e colectiva na reconstrución e narración do pasado.
    • Explorar a recreación de identidades nacionais e a súa hibridación coas existentes nos países de acollida xerando o xurdimento de identidades múltiples nos procesos migratorios e de exilio.
    • Comparar os relatos e silencios xerados nos campos de refuxiados cos arraigados nas culturas nacionais.

    A conferencia enmárcase dentro do proxecto de investigación financiado “Teoría de las emociones y el género en la cultura popular del siglo XXI”.

    Solicitude de inscrición:

    Nome e apelidos, títulos académicos………………………………………………….

    Institución á que pertence ……………………………………………………………………..

    Teléfono ………………………………………………   E-mail ……………………………..

    Título da comunicación …………………………………………………………………..

    Palabras chave……………………………………………………………….

    Resumo (un máximo de 10 liñas):

    Comunicacións:

    Antes do 20 de decembro de 2016 débese enviar ao correo electrónico do congreso: varsovia2017@gmail.com, xunto co impreso de inscrición, o título e resumo da comunicación (un máximo de 10 liñas), precisando a sección temática en que se inclúe. A comisión organizadora, unha vez lidos os resumos, comunicará a súa aceptación por medio do correo electrónico ata o 15 de xaneiro de 2017.

    -Para a exposición oral disporase de 20 minutos, polo cal, de ser lida, terá que ser lectura dun resumo de aproximadamente 6 folios.

    Inscrición:

    A cota xeral de inscrición é de 100 EUROS/ 400 PLN. A cota de doutorandos é de 50 EUROS/ 200 PLN. A cota de inscrición inclúe os entrantes e o café entre as sesións, a cea de clausura e os materiais impresos do Congreso.

    Aloxamento:

    O Hotel Ibis Stare Miasto (ul. Muranowska 2, 00-209 Warszawa) preparou unha oferta especial para os participantes do Congreso (por unha noite con almorzo):

    1. 05 – 01. 06. 2017

    Habitación individual: 310 PLN

    Habitación dobre: 340 PLN

    02- 04. 06. 2017

    Habitación individual: 180 PLN

    Habitación dobre: 210 PLN

    O cambio de Zloty (PLN) a Euro é: 4,3 (1 Euro=4,3 PLN)

     

Viewing 1 post (of 1 total)

Only members can participate in this group's discussions.